Deportes

- Rianxo acollerá a primeira regata da Eusko-Label Liga da súa historia - Concello de Rianxo

Actualidade

Rianxo acollerá a primeira regata da Eusko-Label Liga da súa historia

Os equipos participantes xa saben o camiño que deberán seguir esta tempada, unha vez que a asemblea da ACT deu o visto e prace ao calendario 2021. É fíxose cunha novidade: Rianxo. A vila mariñeira acollerá, por primeira vez na súa historia, unha regata da máxima categoría de traiñeiras de España. A cita será o vindeiro 7 de agosto no peirao de Rianxo, e farao da man da Barbanza Arousa, que quere aproveitar o tirón da competición para mostrar o seu potencial turístico.