Deportes

- Resumo da Gala do Deporte 2015 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Resumo da Gala do Deporte 2015

Este sábado, 7 de marzo, celebrouse a novena edición do DÍA DO DEPORTE, no que o Concello de Rianxo recoñeceu o traballo dos clubs e deportistas rianxeiros en prol do desenvolvemento do noso deporte durante 2013 e 2014.

Estivo o Auditorio case cheo, pois arredor de 250 persoas, entre público e integrantes da familia do deporte rianxeiro, presenciaron a gala, que foi presentada por Xian Iglesias e Merchi Rodríguez, membros do grupo de teatro Airiños (Asados) que como fío condutor simularon un divertido programa de radio deportiva.

O momento álxido, e tamén mais emotivo, viveuse cando Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes, presentou o Premio ao Mérito Deportivo Rianxo 2015, que este ano recaeu en José Ramón Vázquez González, fundador, presidente e adestrador durante 15 anos do club piragüismo Rianxo. Domínguez louvou o esforzo feito por Ramón desde 1999 ata actualidade, na procura de consolidar o piragüismo en Rianxo e que se veu concretado, entre outros, en grandes éxitos deportivos nesta modalidade (9 medallas internacionais, mais de 15 en Campionatos de España, infinidade en Camionatos Galegos...), na formación de centos de rapaces e rapazas, na construcción das instalacións do club e nun legado para Rianxo dun club consolidado e xa con ampla tradición en Rianxo.

Adolfo Muíños pechou o acto agradecendolles aos asistintes o traballo que fan a diario polo deporte rianxeiro, xa que teñen un papel importantísimo na formación dos nenos e nenas, ao tempo que contribuen ao desenvolvemento social de Rianxo.

O acto estivo presidido por Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo e Joaquín Domínguez, Concelleiro de Deportes. Participaron tamén Adelina Ces, voceira do BNG, María Teresa Sobradelo, Concelleira de Turismo e Vanessa Martínez, voceira do PP.

Presentación proxectada na Gala, onde se recollen todos os premiados.

 

More Blog Entries