Deportes

- O Soño de Papá - Documental - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

O Soño de Papá - Documental

O mércores, 26 de decembro ás 19 h., no Auditorio proxectarase o documental "O soño de Papá", producido por xamalúfilmes e dirixido polo cineasta ourensá Xavier Bermudez, director, entre outras, da película "León e Olvido". O propio autor será o encargado de presentar a proxección da película e ao remate da mesma abrirase unha quenda de intervencións.

O Soño de Papá trata da importancia social do fútbol na actualidade e o soño de chegar a formar parte da elite futbolística que se vive en moitas escolas de fútbol e que afecta á convivencia das familias.

O Soño de Papá trata dos nenos futbolistas.

A proxección vai dirixida a todas as idades e, aínda que trata de fútbol, a problemática que presenta é común a moitos dos deportes, polo que está especialmente indicado a familias con pequenos e pequenas deportistas.

A entrada é de balde ata completar aforo. Retirada de entradas desde as 18 h. (2 por persoa).

Sinopse:

É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que este é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando hai un partido importante, non hai cidade, deserto ou selva no planeta no que non se siga, ben do xeito máis precario ou do máis sofisticado tecnoloxicamente. Un futbolista europeo de certo renome ten seguidores propios en Asia, Nova Zelanda ou África. Internet multiplicou as formas de conexión entre seguidores e protagonistas. De feito, algúns partidos da liga española ou inglesa prográmanse para ser comodamente vistos na China. O fútbol é un dos momentos estrela de calquera informativo televisivo ou radiofónico, e a cantidade de diñeiro que move é igual de espectacular.
Ante este panorama, chegar a formar parte da elite futbolística é un soño polo que loitar. Quizais polo que hipotecar a tranquilidade dunha familia. Un soño ao que dedicar unha infancia.
Dos nenos futbolistas trata O SOÑO DE PAPÁ.

Ficha Técnica:

Dirección     Xavier Bermúdez
Produción Executiva     Manane Rodríguez
Guión     Xavier Bermúdez - Manane Rodríguez
Dirección de Fotografía     Jaime Pérez
Música     Nani García
Xefe de Produción     Xosé Pedreira Sánchez
Axudante de Produción     Carlota Dans
Montaxe de imaxe     Vanessa García Sampedro
Son Directo     Alberto Blanco
Coa colaboración de Borja Freire e Jorge Colado
Montaxe son e mesturas:     Alberto Blanco
Cor     Fernando Alfonsín
Colaboración en prácticas     Inés Pérez Rey, Lucía Fernández, Sarayd Ramil e Rocío Varela