Deportes

- I Torneo de Rugby Praia de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

I Torneo de Rugby Praia de Rianxo

Ven de presentarse no Salón de Plenos do Concello o  I Torneo de Rugby Praia de Rianxo, que se disputará a partir das 11 horas do sábado 22 de agosto na Praia de Tanxil  (Rianxo), organizado polo Club Barbanza Rugby e os Irlandeses de Rianxo.

A presentación correu a cargo de:

  • Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde Rianxo
  • Xusto Xosé Ordóñez Figueira, Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico.
  • Siso Pérez, Presidente do Club Barbanza Rugby
  • Vanesa Rial, xogadora da selección española de Rugby,  Directora do Campus de Rugby que se está a celebrar en Rianxo, Directora Técnica do  Club Barbanza Rugby Asociación.
  • Hadrián Otero, organizador do Torneo Rugby Praia de Rianxo e Secretario do Club Barbanza Rugby.

Adolfo Muíños falou do interese que ten posto o Concello no Rugby e en acoller actividades relacionadas con esta modalidade deportiva, coa intención non só de satisfacer aos simples afeccionados, se non tamén de fomentar e promocionar a súa práctica en Rianxo.

Vanesa Rial aproteitou para facer balance positivo do Campamento de Rugby que se está a desenvolver no Pazo de Rianxiño e que acolle a 32 nenos de distintas idades para inicialos neste deporte. Estes rapaces e rapazas participarán tamén no Torneo de Rugby Praia deste sábado.

Pola súa banda, Siso Pérez e Hadrian Otero falaron dos detalles organizativos do Torneo, o segundo da comarca destas características despois do celebrado en Boiro. Os partidos comezarán a disputarse a partir das 11 da mañá ata as 19 h. aprox. e haberá competición feminina, masculina e infantil. Asemade, antes da final, farase un partido mixto. O obxectivo do torneo é a dar a coñecer o Rugby e os seus valores, ao tempo que serve de punto de encontro para xogadores de distintos puntos de Galicia. Están confirmados, ademais dos locais dos Irlandeses e do Barbanza Cluz,  equipos de Vilagarcía, A Coruña, Ourense, Vigo.

Para pechar o acto, adiantouse a refundación da Club Barbanza Rugby, que despois do remate do Torneo deste sábado comezará a traballar nun proxecto deportivo que recupere o Rugby para o Barbanza, baseándose no traballo coa base e contando tamén con equipo feminino.