Deportes

- I Marcha BTT Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

I Marcha BTT Concello de Rianxo

O vindeiro 7 de abril celebrarase a I Marcha BTT Concello de Rianxo, organizada pola Peña Cicluturista Castro Barbudo de Taragoña, e coa colaboración e apoio do Concello de Rianxo.

A actividade, con saída é chegada en Rianxo, contará con tres rutas (20 30 e 60 km.) con distintos niveis de dificultade e esixencia física co obxecto de dar cabida a todo tipo de afeccionados á bicicleta, xa que vai dirixida a maiores de 18 anos (maiores de 15 con autorización) e pode acoller ata a 500 participantes.

Os membros da P.C. Castro Barbudo están traballando arreo, ilusionados en conseguir que a marcha acade un grande éxito de participación e sexa unha grande festa deportiva para Rianxo. Nestes intres estanse ultimado os detalles da organización, se ben xa se pode consultar a información xeral e tramitar as inscricións na páxina da Peña Cicloturista Castro Barbudo.