Deportes

- Fútbol Sala: Santiago Futsal vs FS Zamora - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Fútbol Sala: Santiago Futsal vs FS Zamora

O Concello de Rianxo ven de chegar a un acordo co SANTIAGO FUTSAL para a celebración en Rianxo dun dos partidos de pretempada do club compostelán, concretamente o que enfrontara ao FS ZAMORA, equipo que milita na segunda división do Fútbol Sala.

O partido celebrarase o martes,  26 de agosto, ás 21 h., no Pavillón Municipal de Rianxo e trátase dun evento moi especial  xa nos achegará a clubs e xogadores da elite do fútbol sala galego e nacional, sendo unha das primeiras ocasións nas que se poderá  ver ao  Santiago Futsal 2014/2015.

  • Prezo da entrada: 3 € (entrada única)
  • Venda anticipada: A partires do xoves, 21 de agosto.
  • Venda o día do partido: no Pavillón de Rianxo.
  • Apertura de portas: ás 20 h.
  • Puntos de venda anticipada:
    • Oficina do Servizo Municipal de Deportes
    • Pavillón de Rianxo, no seu horario de apertura.

Mais información no Servizo de Deportes (981 86 63 81) ou no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).