Deportes

- Curso de Monitor de Fútbol Base - CCD Taragoña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Curso de Monitor de Fútbol Base - CCD Taragoña

Publícase a convocatoria completa do Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base que se celebrará en Taragoña a partir do 16 de novembro, organizado polo Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol e o CCD Taragoña, coa colaboración do Concello de Rianxo.

A cota do curso é de 150,00 € e as sesións impartiranse no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña e no Campo de Fútbol Municipal da Lomba os luns e os mércores entre as 20 e as 23 h.

Ofértanse un total de 35 prazas que se asignarán por orde de inscrición, sendo necesarias un mínimo de 15 para levar adiante o curso. O prazo está aberto ata o 15 de novebmro e documentación a presentar é a seguinte:

  • Fotocopia DNI (as dúas caras)
  • 2 fotos tamaño carné (co nome por detrás)
  • Folla de Inscrición
  • Xustificante do pago da metrícula

A  documentación remitirase a escueladeentrenadores@futgal.es e tamén pode presentarse ao CCD Taragoña e no Servizo de Deportes.

Convocatoria Curso e Ficha de inscrición