Deportes

Suspensión das actividades deportivas municipais - Comunicado do Servizo de Deportes - concelloderianxo

Actualidade

Comunicado do Servizo de Deportes

Suspensión das actividades deportivas municipais

A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde do 21 de outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución na situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOGA 212-Bis, do 21 de outubro).

Á vista da devandita orde, o Concello de Rianxo decidiu, en coordinación coa xefatura de servizo do Centro de Saúde, suspender as actividades deportivas municipais, co obxecto de colaborar de xeito activo coas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria.

Esta decisión non afecta á práctica do deporte federado, sempre que os clubs adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos federativos.

A orde ten efectos a partir de hoxe, 22 de outubro, e durante 14 días naturais. Rematado este período informaremos sobre o reinicio das actividades, sempre en función da evolución da situación sanitaria.