Deportes

Mantemento da suspensión das actividades deportivas municipais. - Comunicado do Servizo de Deportes - concelloderianxo

Actualidade

Comunicado do Servizo de Deportes

Mantemento da suspensión das actividades deportivas municipais.

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 4 de novembro de 2020 polo que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución na situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Á vista da devandita orde, o Concello de Rianxo decidiu manter a suspensión das actividades deportivas municipais, co obxecto de colaborar de xeito activo coas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria. Esta suspensión manterase, como mínimo, mentres dure a vixencia da orde, ata o 4 de decembro.

Esta nova orde non modifica a práctica do deporte federado, que segue igual sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos federativos de funcionamento.

Máis información no Servizo de Deportes.