Deportes

- Campaña de Vela 2016 - Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Actualidade

Campaña de Vela 2016 - Deputación da Coruña

Nota informativa: Feita consulta á Deputación sobre a idade mínima de matrícula, informaron de que se podían inscribir os nados no 2007, non sendo necesario que teñan os nove anos cumpridos no momento de realización do curso.

Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela 2016 organizada pola Deputación da Coruña. O curso de Vela desenvolverase do 18 ao 22 de xullo e vai dirixido a rapaces e rapazas de 9 (nados no 2007) a 18 anos da nosa comarca, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadorados no noso Concello.

Inscricións:

O pazo de inscrición está aberto e hai que entregar a documentación antes do 11 de xullo (ese día xa non se recollerán inscricións).

No Servizo de Deportes do Concello de Rianxo facilitarase a información e axudarase a cumprimentar a ficha,  se ben esta  presentarase no Rexistro Municipal xa que, segundo as condicións da Deputación, a adxudicación de prazas realizarase por rigurosa orde de inscrición. No caso de existir moitas solicitudes, o concello elaborará unha listaxe de reserva.

Documentación para formaliza-la inscrición:

  • Ficha de inscrición debidamente cuberta, con foto e asinada polos pais ou titor do solicitante.
  • Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.
  • Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do concello).
  • No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.
  • No caso de ser de Rianxo, volante de empadroamento.
Prazas:
40 en total
20 na quenda de mañá
20 na quenda de tarde
 
Calendario e horarios:
Rianxo é a 3ª quenda, do 18 ao 22 de xullo.
Horario de mañá - Grupo A: 10 a 14 h.
Horario de tarde - Grupo B: 16 a 20 h.
A incorporación e regreso dende as instalacións de celebración dos cursos correrá a cargo dos participantes.

Información:
Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 981 06 06 44 (gabintete.deportes@dacoruna.gal)

Cota de inscrición
25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña, facendo constar: “CAMPAÑA DE VELA 2016”, xunto co nome do participante.
A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta a través da páxina web www.dicoruna.es/deportes.

Indumentaria
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, mellor se é impermeable.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.

Actividades
No programa “CAMPAÑA DE VELA 2016” participarás en moitas actividades relacionadas coa navegación, entre as que podemos destacar:

  • Iniciación ós conceptos teóricos da navegación a vela.
  • Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.
  • Realización práctica de navegación a vela.

Díptico Informativo