Deportes

- Actualización dos horarios de apertura e reserva - concelloderianxo

Actualidade

Actualización dos horarios de apertura e reserva

Actualizamos os horarios de apertura dos pavillóns polideportivos: do 7 de agosto ao 13 de setembro.

Así mesmo, tamén se actualiza o horario de reserva da pista polideportiva do colexio Ana Mª Diéguez (Asados). As reservas poden facerse no pavillón polideportivo de Rianxo ou na oficina do Servizo de Deportes.

Recordamos que tamén se poden reservar as redes de tenis para o seu uso nas pistas exteriores do concello. Estas reservas faranse nos lugares antes citados.