Deportes

- Actividades deportivas municipais - concelloderianxo

Actualidade

Actividades deportivas municipais

A semana pasada abriuse o prazo de inscrición para as Actividades Deportivas Municipais para a tempada de inverno 2021.

É unha oferta adaptada aos tempos que discorren, marcados polas restriccións e as medidas de prevención para garantir a seguridade na práctica deportiva. Así, prográmanse actividades e modalidades deportivas de carácter individual ou colectivas sen contacto físico.

A pesar da redución da oferta, esta chega a un amplo rango da poboación e ten un carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e 3ª idade).

As actividades comezan o 5 de outubro. Dada a situación na que nos atopamos establecerase limite de prazas nas actividades deportivas.

​​​​​​A inscrición podes formalizala dos seguintes xeitos:

  • ​​​​​​​En liña: nesta mesma web ou pinchando nos seguinte enlace:
  • ​​​​​​​Nos pavillóns polideportivos.
  • Na oficina do Servizo de Deportes.

Mais información na oficina do servizo de deportes ou no teléfono 661 24 71 36.​​