Deportes

- A piscina municipal de Rianxo reabrirá as súas portas o 22 de xuño - concelloderianxo

Actualidade

A piscina municipal de Rianxo reabrirá as súas portas o 22 de xuño

A piscina municipal de Rianxo, xestionada por BeOne, permaneceu pechada máis de tres meses ao público como consecuencia da declaración do Estado de Alarma pola COVID-19. Desde o día 22 de xuño, reabrirá as súas portas despois de implantar múltiples protocolos, medidas de seguridade e hixiene para adaptar o centro á “nova normalidade”.

O obxectivo de BeOne é conseguir que o usuario siga gozando da mellor experiencia deportiva, pero con todas as garantías de saúde, seguridade e benestar. Adaptou as súas instalacións para cumprir con todas as esixencias estatais, comunitarias e locais e adoptou unha serie de protocolos propios para garantir o benestar e seguridade.

Todas as medidas adoptadas nos centros deportivos que xestiona BeOne estiveron auditadas e certificadas pola Cátedra do Deporte da Universidade Politécnica de Valencia. Entre as medidas adoptadas cabe destacar:

  • O reforzo en hixiene limpeza e desinfección

  • A toma de temperatura no acceso

  • A renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación

  • Os puntos de desinfección de calzado e mans

  • O horario preferente para maiores de 65 anos

  • O control de capacidade para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre persoas usuarias

Para consultar todas as súas medidas, BeOne habilitou a páxina web www.beone.es/volvemos.

Na zona de auga, tanto en piscinas como spa, reforzáronse ao máximo as medidas de desinfección e limpeza e contrólanse exhaustivamente os parámetros técnicos nestes espazos.

Todo o persoal do centro recibiu formación en medidas de seguridade Covid-19 e en áreas específicas tanto técnicas como comerciais co fin de poder ofrecerlles aos abonados unha gran experiencia deportiva.

BeOne compensará os servizos pagados e non gozados do mes de marzo e permitirá o acceso gratuíto dos seus usuarios que non se deron de baixa durante o peche ata o 1 de xullo.