Educación e Cultura - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
ENTRADAS ESGOTADAS Excéntricas presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o espectáculo Tres vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez (Guti). A función terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas. Está destinada a un público adulto e ten unha duración de 2 horas. A entrada é de balde, previa reserva en...
O vindeiro venres 6 de novembro celebrarase no Auditorio de Rianxo o III Memorial Mireya Dieste, organizado pola Irmandade da Musica Galega e o Concello de Rianxo. Ás 18:00 horas, no Salón de Actos, celebrarase a presentación do traballo doutoral A guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, e presentado por Alejo Amoedo. Ás 20:00 horas, na Sala Arcos Moldes, celebrarase o concerto de piano...
O venres 23 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a compañía Ibuprofeno Teatro achégase á nosa vila coa produción: O mel non caduca. A peza teatral ten en escena a Avelino González e a Marián Bañobre, co texto e dirección de Santiago Cortegoso. "O mel non caduca" é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación...
O venres 16 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Manoele de Felisa. A entrada é de balde con reserva previa no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal (preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 05 ao 14 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo,...
A compañía de danza Entremans achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Gaia. A función será o vindeiro sábado 17 de outubro ás 19.00 horas. Destinada para un público infantil e familiar, crianzas maiores de 3 anos. Forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde previa reserva de localidade en auditorio@concelloderianxo.gal...
O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata...
O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata...
Baixo a dirección e dramaturxia de María Peinado, a compañía Teatro da Ramboia pon en escena a peza teatral O meu mundo non é deste reino, unha farsa de Manuel María con Anxo García e Fran Lareu. Terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 3 de outubro ás 20.30 horas. Está recomendada a un público maior de 14 anos. A entrada é de balde previa reserva en...
O venres 2 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación teatral Crónicas dunha heterosexual insatisfeita a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas. Está recomendada a un público adulto. A entrada é de balde previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 24 ao 30 de setembro de 9.00 a 13.30...
O prazo de inscrición para as clases de preparación para acadar o título de Graduado en Educación Secundaria será do 14 de setembro ao 9 de outubro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Centro Social Liceo de Rianxo. Os requisitos para inscribirse son ter os 18 anos cumpridos e estar en posesión do Graduado Escolar, ter 1º e 2º da ESO ou o certificado de escolaridade.
O espectáculo Medida x medida, baixo a dirección de Quico Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 26 de setembro ás 20.30 horas. Recomendada a un público adulto. Entrada de balde con reserva previa. A solicitude de...
Xa está aberto o prazo de inscrición no primeiro cuadrimestre da Uned Senior en Rianxo, un proxecto educativo destinado a persoas maiores de 50 anos. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral. Iniciación aos teléfonos móbiles e tabletas intelixentes. Nivel Básico. Práctica instrumental: gaita e percusión. Nivel intermedio. As prazas son limitadas,...
O programa universitario de maiores, o IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, achégase a Rianxo co programa Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase dunha formación universitaria para os maiores de 50 anos. Son unha serie de seminarios e obradoiros que se desenvolverán do 5 ao 14 de outubro no Auditorio de Rianxo. 05/10/2020 16.30 - 18.00 h Seminario Estilos educativos...
O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro, do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso...
O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso...
O vindeiro martes 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas Rutas Xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. Reservas: do xoves 13 ao luns 24, de 09:00 a 13:30, en días laborais, en: auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 18 32 17.
O sábado 15 de agosto, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Manuel Abuín Queiruga Vivencias dun mariñeiro rianxeiro. O acto será presentado por X. Ricardo Losada (escritor e profesor) e contará coa presenza de Nuria Abuín Carou, Manuel Jesús Abuín Carou, Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor. A entrada será con reserva...
O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 22:30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto do grupo Barahúnda, integrado por Helena de Alfonso, Jose Lara Gruñeiro, José Luis do Pico Orjais e Txema Mawenya. Nesta ocasión estarán acompañados por: José Nine, Isabel Rei Samartim e Raúl Lojo. Prazas só con reserva previa preferentemente no correo-e...
O vindeiro venres 24 de xullo, ás 21:45 e o martes 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas rutas xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. Só con reserva de praza en: auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 18 32 17. Reservas para a sesión do venres...
Do 10 ao 15 de agosto, a Biblioteca Municipal de Rianxo permanecerá PECHADA. Desculpas polas molestias ocasionadas.
O vindeiro sábado 15 de agosto, ás 21.30 horas, a Banda da Escola de Música de Rianxo organiza un concerto no Campo de Arriba de Rianxo. É necesario facer reserva de praza, porque a capacidade do espazo é limitada. Reservas do 10 ao 13 de agosto no correo-e escolademusicaderianxo@gmail.com ou no teléfono 671 058 555. Máis información no facebook da banda
O vindeiro venres 14 de agosto, ás 22:30, terá lugar na Praza Castelao, a proxección do filme galego María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. No acto estará presente Ignacio Vilar (director do filme) que realizará unha presentación do filme, encontro cos asistentes e photocall, e un coloquio posterior despois da proxección. Debido á situación xerada pola COVID-19, o aforamento será...
Dentro das actividades paralelas no marco do festival Noites de Jazz de Rianxo, unha delas é a exposición Jazz Espido. 17 debuxos de Eva LLoréns e 17 poemas de Mª do Carmen Kruckemberg, que terá lugar na sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo do 24 de xullo ao 14 de agosto. A apertura da exposición terá lugar o venres 24 de xullo, ás 12.30 horas.
O 29 e o 30 de xullo, de 10 a 14 horas, terá lugar no Concello de Rianxo un curso gratuíto de decoración sobre azulexos. Esta destinado para tódolos públicos, a partir de 12 anos. As prazas son limitadas, 15, e a inscrición hai que realizala no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 183 217
Do 3 ao 5 de xullo desenvolverase no Concello de Rianxo, Zona da Zanfona, un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezaseis anos neste 2020. A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde,...
Do 26 de xuño ao 18 de xullo pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición "As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: a orixe" organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. O acto de apertura terá lugar, ás 20.00 horas, o venres 26 de xuño. O horario de visitas é de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
O venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas. No acto contarase coa presenza da autora xunto con Encarna Pego, profesora e socia de Barbantia, Xesús Santos, historiador local e socio de Barbantia e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo. Tamén terán lugar as actuacións de Barahunda e Tero...
A Mancomunidade Arousa Norte acaba de sacar unha nova ferramenta a Axenda Barbanza, para estar ao tanto de todas as propostas culturais da comarca. Podes filtralas por concello, data ou categoría. Podes consultala no seguinte enlace https://axendabarbanza.gal/Inicio/
PromÓpera entidade organizadora da proposta Madame Butterfly achéganos esta nota informativa: "Para previr e conter a epidemia de COVID-19, a ópera MADAMA BUTTERFLY programada para o sábado día 14 de marzo no Auditorio de Rianxo, quedará aprazada ó 13 de xuño no mesmo lugar e á mesma hora. Todas as persoas que compraron entrada en Eventbrite, recibirán moi pronto un correo electrónico e...
SUSPENDIDA O vindeiro venres 13 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas. No acto, amais da autora, estará presente Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Encarna Pego (profesora e socia de Barbantia) e Xesús Santos (historiador local e socio de Barbantia). Tamén se contará coa actuación de...
O vindeiro sábado 29 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Gala de entrega de premios do Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. A entrada é con convites, non haberá ningunha dispoñible na billeteira do Auditorio. Podes seguir a gala en directo: - Na canle da televisión do Canal Barbanza - Nas redes sociais da Asociación Alberto Romero - No...
O xoves 20 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa Dieste outra conversa organizada pola Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior. Nesta ocasión presentarase o libro de Xico de Carinho titulado Na harmónica e a intervención artística correrá a cargo de Xico de Carinho, Manolo Cespón, José Nine, Alba María, Os Quinquilláns,...
O prazo de preinscrición para o segundo cuadrimestre da Uned Senior remata o mércores 26 de febreiro. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas. Módulo II Iniciación á informática e á Internet. Módulo II Cociñando para alimentarse ben II Práctica instrumental