Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Na Praza Virxe de Guadalupe, o domingo 16 de agosto ás 21.00 horas, continúa o XI Ciclo de Bandas, nesta ocasión achégase a Rianxo a Banda de Música Xuvenil Municipal de Silleda. Como peche do Ciclo terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto, na Praza Castelao, o concerto a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo de música tradicional Carapaus.

O grupo SeisPorOito achégase a Rianxo o próximo venres 14 de agosto, ofrecerá un concerto na Praza Rafael Dieste ás 22.30 horas dentro das Noites de folc. SeisPorOito xurde no ano 2012 pola inquietude de buscar, descubrir e reivindicar novos xeitos de interpretar a música tradicional, tanto galega como doutros países do mundo. Queren amosar a música tradicional dándolle un toque e unha visión...

O vindeiro sábado 15 de agosto na Praza Rafael Dieste, ás 22.30 horas,  Caxade xunto coa súa banda presentarán en Rianxo o seu novo traballo A dança das moscas. CAXADE é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pos-modernista e discurso...

Do 27 de xullo ao 1 de agosto, terán lugar na Praza Rafael Dieste os concertos pertencentes ó programa Noites de Jazz. En caso de  ameaza de chuvia, os concertos serán trasladados ao AUDITORIO (entrada libre ata esgotar o aforo)

O vindeiro sábado día 1 de agosto, ás 15:30 horas, o Club Náutico de Rianxo celebra a súa tradicional Regata de Socios e como é habitual convida a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen, a enrolarse nas tripulacións dos veleiros participantes. Asemade, para aqueles que non queiran participar na regata, pero estean interesados no seguimento da mesma, poderán facelo nos barcos...

Por mor do repentino falecemento do concelleiro, D. José Ricardo Besada Gesto, SUSPENDESE o Festival Internacional previsto para o mércores 22 de xullo. O mércores 22 de xullo, a partir das 22.30 horas, na Praza Castelao terá lugar o Festival Internacional de Danza, coa participación das agrupacións: Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira) Achterhookse Folkloredansers de...

XIII Festival de baile e música tradicional Aleivosía, o vindeiro sábado 8 de agosto ás 21.30 horas na Praza Rafael Dieste.

O sábado 25 de xullo, o grupo Pandeiromus presentará o seu novo traballoTeño días. O concerto terá lugar na Praza Castelao ás 23.00 horas. No caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo. Padeiromus

O 1 e o 2 de agosto, terá lugar no Campo de Arriba a VI edición da Festa do Mexillón de Rianxo.

O grupo londinense KOLO (brip-pop) achégase a Rianxo para presentar o seu traballo discográfico " Do you want to rule the world", o concerto terá lugar o xoves 23 de xullo ás 23.00 horas na Praza Rafael Dieste. Con risco de chuvia trasladarase ó Auditorio de Rianxo KOLO

Entre o 23 e o 26 de xullo, terá lugar en Rianxo a Feira do Libro. HORARIO Mañás: de 12.00 a 14.00 horas, fins de semana e festivos ata 14:30. Tardes: de 18.30 a 22.30 horas PROGRAMA Día 23. Xoves 12.00 Animación de rúa. Velocíclopes, a cargo do grupo Fantoches Baj. 13.00 Inauguración. Actuación musical de Barahúnda (Helena De Alfonso e José Lara) ...

O vindeiro 31 de xullo e 1 de agosto, terá lugar no Auditorio de Rianxo o 1º Encontro deseñadoras e deseñadores galegos. Asociación Galega de Deseñadores

Advertidos os seguintes erros no Programa de man do Verán Cultural 2015: Sábado 18, 23:00 h, Pr. Castelao: Concerto de folc a cargo de OS PERUCOS, dentro da programación previa á Festa da Xouba organizada pola Asociación Rianxeira de Empresarios. No programa pon o venres 17. Xoves 23, Feira do Libro de Rianxo, a inauguración da feira é as 13:00 h, non ás 13:40 como aparece no programa.

Xa podedes consultar o cartaz anunciador do Verán Cultural 2015 no Concello de Rianxo

O sábado 25 de xullo, ás 21.00 horas na Praza Virxe de Guadalupe, concerto conxunto da Banda Municipal de Música de Boiro e a Banda da Escola de Música de Rianxo, pertencente ao XI Ciclo de Bandas que se está desenvolvendo no Verán Cultural 2015.

Do 16 ao 19 de xullo, terán lugar na parroquia de Taragoña as Festas do Verán.

O sábado 25 de xullo celébrase en Rianxo a XXIII Festa da Xouba, durante todo o día desenvolveranse diferentes e variadas propostas.

No fin de semana previo á XXIII Festa da Xouba de Rianxo terán lugar unha serie de propostas que complementan o que se desenvolverá o propio día da festa, o 25 de xullo. O venres 17 e sábado 18 de xullo realizaranse showcooking, ruta da xouba polos locais hosteleiros con sorteos e concerto dos Perucos.

Continuando o XI Ciclo de Bandas, nesta ocasión a Agrupación Musical de Goián achégase a Rianxo. O concerto realizarase o sábado 18 de xullo, ás 21.00 horas, na Praza Virxe de Guadalupe.

Celebración das festas da Virxe do Carme, patroa da xente do mar, do 10 ao 12 de xullo e a propia data, 16 de xullo, festivo local.

A Agrupación Teatral Criaturas presenta a súa obra "Mais mamá que nunca", o sábado 11 de xullo ás 21 horas no Auditorio de Rianxo.

Concerto pertencente ao XI Ciclo de Bandas de Música, o domingo 5 de Xullo ás 21 horas na Praza Virxe de Guadalupe.

O sábado 4 de xullo ás 22:30 da noite, se as condicións meteorolóxicas o permiten, organizarase unha actividade de observación astronómica fronte ao busto de Castelao, no Paseo da Ribeira.

O 17 de xullo é o terceiro venres do mes de xullo, así que no Campo de Arriba ten lugar a Feira Labrega e Artesana de Rianxo, Sachos á Rúa.

Feira Labrega e artesana de Rianxo, Sachos á Rúa, agora celébrase o primeiro e terceiro venres de cada mes. No mes de xullo, os venres 3 e 17, a partir das 6 da tarde no Campo de Arriba.

O VELEIRO JOAQUÍN VIETA EN AROUSA NORTE Rianxo: do 30 de xuño ao 5 de xullo Boiro: do 14 ao 19 de xullo A Pobra do Caramiñal: do 21 ao 26 de xullo Riveira: do 28 de xullo ao 2 de agosto PREVISIÓN DAS SAÍDAS: faranse tres saídas diarias que se repartirán no seguinte horario - De mañá: de 12.00 a 14.00 h - De tarde: de 15.00 a 17 h e de 18.00 a 20.00 h DESCRICIÓN DAS SAÍDAS: as saídas...

O vindeiro sábado 27 de xuño, ás 18.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar unha Exhibición Benéfica de Capoeira a favor do pobo saharaui.

O venres 3 e o sábado 4 de xullo terán lugar os Festivais de Fin de Curso da Escola de Música de Rianxo.

Do 27 ao 29 de xullo no Auditorio de Rianxo terá lugar unha master class a cargo de Alfredo Susavila & Pachi Cruz organizada pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información no correo electrónico escolademusicaderianxo@gmail.com

Un ano máis, en Asados, a festa de San Pedro de Vilas será o vindeiro sábado 27 de xuño.

O vindeiro venres 19 de xuño, a partir das 17.00 horas, volve ó Campo de Arriba, a Feira Labrega e Artesana de Rianxo Sachos á Rúa, organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza.

Os Concellos que forman a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte están a realizar distintas actividades previas ó XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, Cabo da Cruz do 9 ao 12 de xullo. No Concello de Rianxo desenvolveranse o sábado 20 de xuño, seguindo o seguinte programa: De 11.00 a 14.00 h Obradoiros mariñeiros e bautismos de mar (con previa inscrición) no Náutico...

O profesor universitario Roxelio P. Moreiras imparte unha charla "SOLO, TERRA, PAISAXE", o vindeiro venres 12 de xuño, ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Con este acto péchanse as materias de Saberes Labregos e Prácticas Labregas na horta (impartidas por Carme Freire) que se estiveron desenvolvendo no curso 2014-2015 na Uned Senior en Rianxo. A charla está aberta a...

Marina Losada foi a gañadora do Slam Ferve a Lingua, coa temática das Letras Galegas, organizado no ano 2014 pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. O agasallo consistía na creación e publicación dun videopoema, e o encargado de crelao foi  Tonio Figueira Losada co poema 200 nenas galegas. Podedes consultar o videopoema no seguinte enlace ...

O grupo de Teatro Ariños presenta no Auditorio de Rianxo dúas producións escalofriantes a cargo das agrupacións máis novas, as funcións están organizadas polo Cadro Artístico Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo. VENRES 12 DE XUÑO   -   21.00 H   -   ALEVÍNS O grupo dos alevíns representa a obra A pequena gran historia de Maruxa sábado 13 de...

O vindeiro sábado 13 de xuño, durante todo o día, terá lugar no CEIP Ana Mª Diéguez a IV Romería Popular. Máis información no sitio web do CEIP Ana Mª Diéguez PROGRAMACIÓN    

O venres 5 de xuño é o primeiro venres de mes, e coma fai uns meses os Foros Ecolóxicos da Barbanza organizan a Feira Labrega e Artesana de Rianxo, Sachos á Rúa; será a partir das 17.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo.

Baixo o título As Cores da Vida, José Ángel Docobo Durántez presenta no Auditorio de Rianxo as fotografías que forman parte da exposición, que pode visitarse dende o 5 ao 27 de xuño. A apertura da exposición terá lugar o venres 5 de xuño ás 20.00 horas.

O sábado 30 de maio, dende as 13.00 ás 16.00 horas, terá lugar en varios establecementos hosteleiros o PASABARES programado dentro do Serán Mar de Rianxo organizado pola Asociación Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo.

O vindeiro domingo 31 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o Concerto de Clausura da Aula de Dirección da Escola de Música de Rianxo.

A escritora Mariña Pérez Rei presentará en Rianxo o seu libro de poemas Boca de Gárgola. O acto terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

Gonzalo Hermo presenta o vindeiro venres 29 de maio, ás 20.30 horas, no Curral do Marqués (Taragoña) o  libro Celebración. Ademais tamén terá lugar a saída do número 105 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

O vindeiro sábado 30 de maio, no Campo de Arriba, terá lugar o X Serán Mar de Rianxo organizado pola Asociación Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo. INFORMACIÓN: o seranciño adiántase ás 19.00 horas Máis información no seguinte enlace https://www.facebook.com/events/1575205096077179/

A presentación do Caderno Ramón Piñeiro arredor de Filgueira Valverde previsto para o vindeiro venres 29 de maio queda suspendido.