Educación e Cultura

Os vindeiros días 3, 4, 9, 10 e 11 de xullo de 2021, aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona, Encontro Internacional. 17 edición, no Concello de Rianxo. - Zona de Zanfona. 17 Encontro Internacional Rianxo 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Zona de Zanfona. 17 Encontro Internacional Rianxo 2021

Os vindeiros días 3, 4, 9, 10 e 11 de xullo de 2021, aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona, Encontro Internacional. 17 edición, no Concello de Rianxo.

Os vindeiros 3, 4 , 9, 10 e 11 de xullo de 2021, aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona, Encontro Internacional. 17 edición de Rianxo. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo, que cumpre dezasete anos neste 2021 e por onde pasaron os nomes máis internacionais da escena europea nas últimas dúas décadas. Zona da Zanfona é o festival da manivela musical. Esta edición terá unha programación especial para cumprir cos protocolos da situación sanitaria actual con actividades para o público local e para o especializado doutros lugares que se acheguen ata a Ría de Arousa. Músicos amadores e profesionais e audiencias en xeral que atoparán gozo e deleite na escoita deste fabuloso instrumento. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e gozar de concertos, cursos e convívio arredor da zanfona.

A programación deste ano pivota en tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades en liña (en inglés para audiencias non presenciais).

17 Zona de Zanfona - Programa

Concertos ZdZ

Venres 9 xullo. Exterior CEIP Castelao. 22.30 h

  • Héctor Braga. Só (Asturies)

  • Alacrã. Carlos Guerreiro, Julieta Silva (Portugal)

Sábado 10 xullo. Exterior CEIP Castelao. 22.30 h

  • Xemelgas. Manu Fraguela e Óscar Fernández (Terra de Trasancos)

  • Suán. A.C. Trepia (Pontevedra)

Domingo 11 xullo. Praza de Castelao e Paseo da Ribeira. 12.00 h

  • Concerto ambulante. Músicas na feira.

Cursos ZdZ

  • Iniciación. Óscar Fernández. Venres 9. 16-20 h (emprestamos instrumento!)

  • Avanzado. Héctor Braga. Sábado 10. 10-19 h

  • Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas. Sábado 3 e domingo 4 de xullo. 10-20 h

Lugar: Auditorio de Rianxo

ZdZ dixital

Masterclass con Germán Díaz. Curso en liña (en inglés). Domingo 11 xullo. 18-20 h (UTC+2).

 

RESERVA PRAZAS PARA EVENTOS DO VERÁN CULTURAL 2021

- As reservas deberán solicitarse na web www.concelloderianxo.gal no espazo destinado a tal efecto e dentro do prazo que se determine para cada actividade.

- Non se permitirán grupos superiores a seis persoas.

- O solicitante disporá de localidade só cando reciba confirmación do Concello (a mera solicitude non é suficiente).

- A confirmación inclúe a indicación nominal de cada localidade (número e persoa), tanto para o espazo principal como para, de darse o caso, o espazo alternativo.

- O lugar de referencia para consultar a información do Verán Cultural (programación, modificacións, suspensións, traslados, medidas etc.) será a web www.concelloderianxo.gal.

- A solicitude de reserva implica a aceptación das condicións das medidas COVID-19 e do proceso de reserva.