Educación e Cultura

O 01 de outubro abre o prazo de inscrición ata o 28 de febreiro para a participación no certame - VIII Certame de curtas Alberto Romero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

VIII Certame de curtas Alberto Romero

O 01 de outubro abre o prazo de inscrición ata o 28 de febreiro para a participación no certame

Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o 28 de febreiro, para o VIII Certame de curtas Alberto Romero organizado pola asociación do mesmo nome coa colaboración do Concello de Rianxo entre outras entidades.

Está destinado a curtametraxes realizadas por:

  • Estudante ou grupo de estudantes de todos os centros de primaria (cursos 1º a 6º), secundaria (ESO) e bacharelato (ou equivalente) dos concellos da mancomunidade Barbanza Arousa.
  • Usuarios/as de centros e asociacións de diversidade funcional de toda Galicia.
  • Categoría libre está aberta a toda Galicia para todas aquelas persoas ou grupos de persoas que desexen participar e non entren en ningunha das categorías anteriores (estudantes ou non). Nesta categoría tamén se aceptan traballos de fora de Galicia.
  • Categoría especial nomeada “Barbanza Arousa”.

Máis información no enlace da Asociación Alberto Romero