Educación e Cultura

Queres falar cos Reis Magos por videochamada? Rexístrate e recibirás unha videochamada súa. - Videochamadas cos Reis Magos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Videochamadas cos Reis Magos

Queres falar cos Reis Magos por videochamada? Rexístrate e recibirás unha videochamada súa.

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, facilita a posibilidade de que as crianzas de Rianxo poidan falar cos Reis Magos este Nadal desde as súas casas.

Para que os Reis Magos poidan chamarte, só deberás rexistrar a túa data e as súas maxestades poranse en contacto por videochamada o día e hora reservado.

Podes anotarte aquí: https://nadal2020.es/

Prazos de inscrición do 17 ao 29 de decembro.

Vídeo promocional