Educación e Cultura

A compañía A Cova das letras representará a obra o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Titiriberia: Teatro á feira - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Titiriberia: Teatro á feira

A compañía A Cova das letras representará a obra o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo domingo 27 ás 12.00 horas.

A compañía A Cova das letras representará a obra o vindeiro domingo 27 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só unha persoa convivente adulta acompañando as crianzas.

Teatro á feira

Congréganse nesta FEIRA seis personaxes defendidos por Cristina Collazo e Anxo García, que cos seus contos e cantos fan voar a imaxinación dos asistentes. A MINUTEIRA dará conta de cada instante a través dos seus retratos…

Todo o mundo fica atento aos contos do FISTOR, para cada conto un canto, mais gardádevos de metervos con PEPA A LOBA e o seu can LUEIRO, un monicreque bravo e larpeiro. PEPE DAS MULAS ou o VENDEDOR DE TARABELAS converten as súas historias en auténticas lendas e toda espectadora que queira, rematará nas mans da POSTICEIRA.