Educación e Cultura

INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell’Arte presenta a obra Ratas, o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Titiriberia: Ratas! - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Titiriberia: Ratas!

INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell’Arte presenta a obra Ratas, o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell'Arte representará a obra Ratas! o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 19.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só unha persoa convivente adulta acompañando as crianzas.

Ratas!

Ratas! É un espectáculo de Commedia dell’Arte que combina a improvisación coa música en directo, algo de acrobacia, loita escénica e unha grande dose de humor.

No marco dunha praga que arrasa a cidade, Ratas! convértese nunha interesante metáfora para estes tempos de crise sanitaria, en que todos ansiamos que apareza da nada unha máxica solución, aferrándonos a calquera melodía que soe a esperanza, perseguindo como nenos ao Flautista de Hamelín.