Educación e Cultura

Fran Rei representará a obra O conto de Barriga Verde o vindeiro martes 29 de decembro no Centro Social da Atalaia de Asados - Titiriberia: O conto de Barriga Verde - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Titiriberia: O conto de Barriga Verde

Fran Rei representará a obra O conto de Barriga Verde o vindeiro martes 29 de decembro no Centro Social da Atalaia de Asados

Fran Rei representará a obra O conto de Barriga Verde o vindeiro martes 29 de decembro no Centro Social da Atalaia de Asados, con dous pases: ás 17.00 e ás 19.00 horas. Está obra está destinada a crianzas maiores de 3 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só unha persoa convivente adulta acompañando as crianzas.

O conto de Barriga Verde

Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto de Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela), O conto de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.