Educación e Cultura

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. - Titiriberia: Festival de títeres tradicionais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Titiriberia: Festival de títeres tradicionais

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro.

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros.

Ao longo dos sete días presenciais que durará o festival, pasarán por Rianxo compañías como Viravolta Títeres, Diáspora Teatro, Seisdedos Marionetas, Fantoches Baj, Títeres Cascanueces, Xirapaus ou a Cova das Letras, o colectivo Indignati Asociación Galega de Commedia dell’Arte, artistas como Fran Rei, Borxa Insua, Iria Pinheiro, Lucho Penabade, Tero Rodríguez, Borxa Insúa e Esther Carrodeguas, ou grupos de música como Áureas. Todos estes nomes, referentes no ámbito escénico, tecerán coas súas actuacións o programa deste Titiriberia en Rianxo que, ademais, terá na descentralización unha das súas características, xa que os espectáculos se repartirá por diferentes espazos: Auditorio de Rianxo, Casa de Cultura Cuartel Vello, Centro Social da Atalaia-Asados, Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, Centro Sociocultural A Capela do Araño ou os soportais da Praza Castelao.

Pincha aquí e poderás ver toda a programación.