Educación e Cultura

Espectáculo de variedades o mércores 30 na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, como fin do festival Titiriberia. - Titiriberia: As varietés do Barriga Verde - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Titiriberia: As varietés do Barriga Verde

Espectáculo de variedades o mércores 30 na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, como fin do festival Titiriberia.

As varietés do Barriga Verde celebraranse o mércores 30 de decembro, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes de Rianxo, destinado a público adulto. Este espectáculo celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.​​​​​​​

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

As varietés do Barriga Verde,

Tamén neste tempo de pandemia temos un oco para despedir este 2020 con aires de cabaret, poemas achampañados, títeres, escapismo e bolañadas. Concha Cocos (Iria Pinheiro), a exitosa gurú emocional da pandemia, será a condutora do evento e deleitará ao público cunha serie de revelacións sobre decadente actualidade.

Números de clown, música, teatro e títeres a cargo de Esther Carrodeguas, Tero Rodríguez, Lucho Penabade, Pajarito, María Dobronich, Borxa Ínsua e Lázaro Duyos e ambientado por un divertido trío musico-teatral conformado por integrantes das Áureas.