Educación e Cultura

- Teatro: Shakespeare para Ignorantes a cargo de Mofa e Befa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro: Shakespeare para Ignorantes a cargo de Mofa e Befa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O vindeiro venres 30 de novembro no Auditorio de Rianxo, ás 21.00 horas, terá lugar a representación teatral Shakespeare para Ignorantes  a cargo de Mofa e Befa.

IGNORANCIA.- Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral.

SHAKESPEARE.- Criador e produtor teatral de grande suceso no século XVII.

O aspecto inicial do espectáculo é o do produto didáctico en estado puro, recalcando a condición do público de colectivo carente duns concretos coñecementos. Dende esta transparencia expositiva, o primeiro que se desenvolverá na escena será a conferencia dun prestixioso profesor. Presumidamente, a conferencia pretende ser unha amena palestra para un público con coñecementos menos que básicos da imortal obra do conspicuo bardo. O profesor reclamará, para facer máis deleitosa a instrución que pretende inocular nas moleiras dos circustantes, o concurso de dous actores talentosísimos, máis temporalmente desempregados. Estes son MOFA&BEFA.

A obra está dirixida a público adulto.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes de que comece a función.