Educación e Cultura

- Teatro: Patapatúm, de Elefante Elegante - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Teatro: Patapatúm, de Elefante Elegante

O vindeiro sábado, 14 de novembro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019.

Duración: 45 minutos

Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 183 217, do 6 ao 12 de novembro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só unha persoa convivente adulto acompañando as crianzas.

PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras destinado a público infantil e familiar desde os 4 anos. A música dixieland, as máscaras e a fisicalidade dos personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa do realismo á hipérbole da nosa vida diaria.
PATAPATUM é a nosa reflexión sobre o tempo, a infancia e como enchemos os baleiros das nosas ausencias.

SORPRESA! E unha máis! E moitas máis! ¡Unha montaña de agasallos!
Grandes, pequenos, pesados, leves, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e tamaños, pero sempre divertidos e abraiantes.
Os neno emocionado non da feito no medio de tantos xoguetes. Os adultos, ligados á espiral de tempo, cheos de compromisos e obrigas, non son quen de atopar un momento no seu apertado horario para compartir a fantasía co pequeno.