Educación e Cultura

- Teatro: O meu mundo non é deste reino, a cargo de Teatro da Ramboia - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Teatro: O meu mundo non é deste reino, a cargo de Teatro da Ramboia

Baixo a dirección e dramaturxia de María Peinado, a compañía Teatro da Ramboia pon en escena a peza teatral O meu mundo non é deste reino, unha farsa de Manuel María con Anxo García e Fran Lareu.

Terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 3 de outubro ás 20.30 horas.

Está recomendada a un público maior de 14 anos.

A entrada é de balde previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 24 de setembro ao 1 de outubro de 9.00 a 13.30 h. É preciso especificar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectuarase unicamente cando se confirme desde o Auditorio.  

A actuación forma parte do programa Cultura no Camiño + da Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.