Educación e Cultura

- Teatro: O mel non caduca, por Ibuprofeno Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro: O mel non caduca, por Ibuprofeno Teatro

O venres 23 de outubro,  ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a compañía Ibuprofeno Teatro achégase á nosa vila coa produción: O mel non caduca.

A peza teatral ten en escena a Avelino González e a Marián Bañobre, co texto e dirección de Santiago Cortegoso.

"O mel non caduca" é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

​​​​​​​Recomendada para un público adulto

Duración: 80 minutos

Ao abeiro da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Entrada de balde con reserva previa de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 13 ao 21 de outubro, de 9.00 a 13.30 h, en días laborais.

É necesario indicar, de todas as persoas para as que se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes.

A reserva será efectiva cando se confirme desde o Auditorio.

Máis información na páxina web de Ibuprofeno Teatro