Educación e Cultura

- TEATRO: Neorretranca e posmorriña do Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Neorretranca e posmorriña do Centro Dramático Galego

A nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de xuño ás 21.00 horas.

Recomendada para un público maior de 14 anos.

Duración 2 horas e 40 minutos.

A entrada ten un custo de 5 € e pode adquirirse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función.

Neorretranca e posmorriña, dúas pezas sobre un mesmo sentir, caras diversas sobre unha mesma inquedanza. A identidade galega como concepto inaprensible, como acción non rematada, como busca incesante. A cultura, a lingua, a escrita, hábitos e prácticas sociais, tradicións e mitos propios. Memoria compartida inzada de símbolos que ás veces non recoñecemos como nosos, que interpelan a imaxinación dunha comunidade non sempre en sintonía.

Neorretranca no punto de mira. Ironía e humor negro acompañado dunha crítica irreverente e a sensación de ter chegado a un punto de inflexión no camiño, onde hai que soltar lastre, onde hai que deixar atrás certos símbolos, algunhas certezas con aparencia de verdade que xa non lle acaen a case ninguén. Namentres, Posmorriña no horizonte, imaxinación dunha Galicia posible que aínda non coñecemos e que, así e todo, non deixamos de estrañar. Saudades dun territorio aberto e por explorar.

Fantasía nº 5 en sol ou non de Esther F. Carrodeguas e Boisaca ou a divina desgraza de Roi Vidal Ponte, compoñentes inseparables dunha andaina que comeza co reto de entender Galicia máis alá dos tópicos, de explorar diversas caras dunha mesma moeda e, a un tempo, diversos camiños da creación escénica. Punto de partida en diálogo cun equipo creativo en continua escoita que, no proceso de ensaios, acaba por construír unha nova proposta dende un punto de vista crítico. Un elenco e un equipo formado por mulleres con perfís moi diversos, con puntos de vista moitas veces silenciados.