Educación e Cultura

- Teatro, Morgana en Esmelle de Sarabela Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Morgana en Esmelle de Sarabela Teatro

Morgana en Esmelle de Sarabela Teatro no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de outubro, ás 21.00 horas.

Destinada a un público adulto (maiores de 12 anos)

Entrada de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.
Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.
Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.
Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?
No ano 2012 editouse a magnífica novela de Begoña Caamaño Morgana en Esmelle. Recibiu o aplauso de lectores e crítica (Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica).

Sarabela Teatro, emprende con paixón a adaptación
escénica desta obra inmensa, magnética e fascinate,
e dialoga coa súa autora para devolver ás
espectadoras e espectadores unha parte pequena
do seu universo único.

Viaxamos xuntas pola materia de Bretaña,
atravesamos pontes épicas e poéticas. Cosemos o
pasado ao presente para albiscar o futuro