Educación e Cultura

- Teatro, Misión Imposible a cargo de Aporía Escénica e Inversa Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Misión Imposible a cargo de Aporía Escénica e Inversa Teatro

O sábado 13 de novembro, ás 20.30 horas, as compañías Aporía Escénica e Inversa Teatro achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra Misión Imposible.

Está destinada a un público maior de 12 anos.

Duración 60 minutos

Proposta de Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Reserva previa de localidades ata as 14.00 horas do xoves 11 de novembro en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​ A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (a confirmación non é inmediata)

No caso de non cubrirse a capacidade coas reservas, as localidades dispoñibles poderán recollerse na billeteira do auditorio dende media hora do antes evento.

​​​​​​​Máis información no sitio web do espectáculo.

Dúas mozas galegas, Uxía e Xiana, que non se coñecen de nada, cargan co mesmo
peso nas costas: ser as heroínas que salven o galego da súa inminente desaparición. Misión Imposible é unha comedia anti heroica para toda a familia que pretende abordar a problemática do galego fuxindo dos clixés canónicos da identidade para achegarse a ela desde a profundidade intelectual que ofrece a sátira e o sarcasmo para integrar as contradicións da realidade galega.