Educación e Cultura

- TEATRO, Invisibles por Redrum Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

TEATRO, Invisibles por Redrum Teatro

O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas.

Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro, do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso fixeron a adaptación teatral.

Recomendada a un público adulto.

Entrada de balde con reserva previa.

A reserva de praza realizarase no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217. É necesario indicar o nome completo, teléfono e calidade de conviventes de todas as persoas para quen se solicita.

A solicitude de reservas será do 26 de agosto ao 3 de setembro, de 9.00 a 13.30 h en días laborais.