Educación e Cultura

O mundo máxico de Pinocho, por Educateatro, unha obra de teatro musical con maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras e piano en directo. - TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho

O mundo máxico de Pinocho, por Educateatro, unha obra de teatro musical con maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras e piano en directo.

TEATRO INFANTIL: O mundo máxico de Pinocho, por Educateatro, unha obra de teatro musical con maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras e piano en directo.

  • Cando: Sábado 22 febreiro, 19:00 h.
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 60 min. Público familiar.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

 

O mundo máxico de Pinocho, por Educateatro.

Sinopse: En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.