Educación e Cultura

O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas, dentro da programación cultural do 8M Rianxo. - Teatro: Feminíssimas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Teatro: Feminíssimas

O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas, dentro da programación cultural do 8M Rianxo.

O venres 12 de marzo, ás 20.00 h, a compañía De Ste Xeito Producións representará a obra Feminíssimas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 1  ao 11 de marzo de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf.  e, se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

FEMINÍSSIMAS

Creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo.
Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven.

Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida da creación colectiva na que estamos a traballar Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e, sobre todo, do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Información sobre a obra teatral Feminíssimas