Educación e Cultura

- TEATRO: "Feliz 1990", a cargo de Teatrando Alecrín de Lousame - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: "Feliz 1990", a cargo de Teatrando Alecrín de Lousame

O grupo de teatro afeccionado TEATRANDO ALECRÍN de Lousame achégase o vindeiro sábado 7 de abril, ás 19.00 horas, ao Auditorio de Rianxo para representar Feliz 1990. A proposta está organizada pola Agrupación teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.

Levamos un ano preparando unha gala moi especial na que recordar aquel fin de ano de 1990. E vós, que fixestes nesa noite? Non vos lembrades?
Imos axudarche a refrescar a memoria a través dunha gala especial de fin de ano onde volveremos dar as badaladas e tomar as uvas. Pero non son unhas badaladas calquera, senon unhas moi especiais.
Vente coas túas mellores galas, que nós estamos agardando por ti!

Recomendada para público familiar.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).