Educación e Cultura

- TEATRO FAMILIAR: Feo!, de Caramuxo Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO FAMILIAR: Feo!, de Caramuxo Teatro

O vindeiro xoves 28 de decembro, ás 19.00 h, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a representación de Feo!, a cargo da compañía teatral Caramuxo Teatro.

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen,
para nenos a partir de 3 anos e familias.
A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente...
Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

A entrada é de balde ata completar capacidade (máximo 2 por persoa). Débense retirar unha hora antes na billeteira do auditorio.

Recomendada para maiores de 3 anos.

Proposta que forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.