Educación e Cultura

- Teatro express: Mulleres que rompen moldes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro express: Mulleres que rompen moldes

Mulleres que rompen Moldes, o novo Teatro-Express do Cadro Artístico Airiños, invade as parroquias rianxeiras esta fin de semana.

Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo encárgalle ao Cadro Artístico Airiños a realización de un novo TEATRO-EXPRES, que fale aos pequenos da vila, e aos que se queiran achegar, de MULLERES que foron importantes para o desenvolvemento da nosa historia.

María Castaña, María Pita, Concepción Arenal,  a inventora de Porto do Son Joaquina García, Pepa a Loba, A Bela Otero, María Casares, Chus Lago, Irene (a primeira futbolista muller do mundo, que era galega!), Maruja Mallo, Rosalía de Castro e a mesmísima Sés, entran destro deste espectáculo de pequeno formato (media hora) que percorrerá as parroquias do concello durante toda a fin de semana

Trátase dun espectáculo (coma o resto dos teatros-express) de carácter familiar, que tenta aunar a educación coa diversión dos mais pequenos, pero apelando tamén aos adultos que poden coñecer ou nos as histrorias destas grandes mulleres que romperon os moldes da historia que lles tocou vivir.
SÁBADO 22 DE MARZO

Taragoña: Centro Cultural e Deportivo – 17.00 horas
Araño: Centro Sociocultural – 18.00 horas
Rianxo: Auditorio de Rianxo – 19.00 horas

DOMINGO 23 DE MARZO

Isorna: Casa da República – 17.00 horas
Leiro: Centro Cultural Vicente Vidal – 18.00 horas
Asados: Escolas Vellas – 19.00 horas