Educación e Cultura

- Teatro: Crónicas dunha heterosexual insatisfeita, por Verdeveras - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro: Crónicas dunha heterosexual insatisfeita, por Verdeveras

O venres 2 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación teatral Crónicas dunha heterosexual insatisfeita a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas.

Está recomendada a un público adulto.

A entrada é de balde previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 24 ao 30 de setembro de 9.00 a 13.30 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectaurase unicamente cando se confirme desde o Auditorio.  

A actuación forma parte do programa Cultura no Camiño + da Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Crónica dunha heterosexual insatisfeita convídanos a reflexionar sobre as normas ou parámetros preestablecidos que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a “ser” da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer.
En tanto creación artística, a intención é poñer luz sobre iso que está oculto, conmover e xerar espazos para a reflexión coa contundente ferramenta do humor.

SINOPSE:

Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento. Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para recoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez.