Educación e Cultura

O vindeiro xoves día 3 de marzo  terá lugar a estrea do espectáculo de teatro contemporáneo (multidisciplinar) LARA HIERRO da compañía Constance Hurlé - Teatro contemporáneo ESTREA de LARA HIERRO da compañía Constance Hurlé - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro contemporáneo ESTREA de LARA HIERRO da compañía Constance Hurlé

O vindeiro xoves día 3 de marzo  terá lugar a estrea do espectáculo de teatro contemporáneo (multidisciplinar) LARA HIERRO da compañía Constance Hurlé

Hoxe venres 25 de febreiro o Auditorio de Rianxo acolle o inicio dunha nova residencia artística, desta volta coa compañía CONSTANCE HURLÉ para a montaxe do seu novo espectáculo LARA HIERRO.

O vindeiro xoves día 3 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a estrea deste novo espectáculo de teatro contemporáneo (multidisciplinar) LARA HIERRO da compañía Constance Hurlé. 

Esa mesma mañá ás 12:30 horas, realizarase unha representación previa maiormente dirixida a programadores e medios de comunicación, aínda que aberta á participación de calquera persoa interesada, previa reserva.

A reserva de localidades pode facerse en concelloderianxo.gal/reservas. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio (a reserva non é inmediata)

Lara Hierro de Constance Hurlé

Lara Hierro é un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial. Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discur sos se encontran. Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración.

Lara Hierro é unha peza que parte dunha performance de micro-teatro danza presentada no IV certame de Micro-escenas Metro Cadrado do Festival FIOT no ano 2020 e galardoada co premio do público.

A temática da peza é de alto interese social, xa que fala da actualidade, da situación pandémica, do confinamento debido á Covid-19, pero tamén do confinamento psicolóxico ao que nos continuamos enfrontando as profesionais das artes escénicas a día de hoxe. É un espectáculo sobre a precariedade do sector, pero que tamén fala da precariedade intrínseca a unha xeración que tivemos que enfrontarnos a unha crise social, económica, e, finalmente, sanitaria.

A montaxe afonda na pegada emocional que deixaron a consecución destas crises. A precariedade non só é material: a incerteza laboral, a frustración perante proxectos de vida que se truncan ou a ansiedade provocada polas consecuencias da crise climática, son temáticas urxentes e, ás veces, non suficientemente visibilizadas .