Educación e Cultura

Xa se poden mercar as entradas para a función de Códice K para o vindeiro sábado 23 de setembro - Teatro, Códice K a cargo de Ainé Producións - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Códice K a cargo de Ainé Producións

Xa se poden mercar as entradas para a función de Códice K para o vindeiro sábado 23 de setembro

O vindeiro sábado 23 de setembro, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción de Ainé, Códice K.

Unha comedia destinada a público adulto, cun texto de Manuel Cortés e baixo a dirección de dirección de Tito Asorey co asesoramento artístico Noemi Rodríguez.

O elenco está formado por as seguintes actrices: Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ.

As entradas, teñen un custe de 8 €, e poden mercarse no seguinte enlace.​​​​​

En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe porque nunca se contou. Códice K, o máis grande “true crime“ da historia de Galicia.

Unha historia de mulleres
Por que contar a historia só con mulleres? Porque nela non hai máis ca homes: o electricista, o deán,
o xuíz, o investigador principal e os policías, os curas e o arcebispo. Pois a historia de Códice K
cóntase a través das múltiples mulleres que a circunvalaron. Porque se a ninguén lle estrañou nunca
unha cousa, non ten por que estrañarlle a outra.
Catro actrices meteranse na pel de múltiples personaxes para permitirnos contar a historia desde
múltiples puntos de vista. A maiores disto, en escena contarase cunha DJ que dará cobertura sonora
e dramática á obra.​​​​​​​