Educación e Cultura

- TEATRO: Calypso a cargo da compañía Voadora - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Calypso a cargo da compañía Voadora

O vindeiro venres 30 de outubro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a pre-estrea da obra Calypso a cargo da compañía Voadora.

O Calypso é unha danza que require renunciar por completo á sensación de ridículo durante a súa práctica e tamén a banda sonora perfecta para esta peza da compañía Voadora no que se suscita o fin dos sistemas a través de dous grupos de personaxes sitiados en realidades distintas: O fin da arte, das relacións tal e como as entendiamos ata o momento, o fin da intimidade... e, a beiras deste mundo que termina, outro que se crea cada noite coa única finalidade de que todo siga estando no xusto lugar onde sempre tivo que estar.

Escrito por Fernando Epelde (2 veces gañador do Premio Jardiel Poncela 2014 e 2012, Premio Abrente 2014, Tirso de Molina 2011 e Marqués de Bradomín 2009 entre outros), e dirixido por Marta Pazos (2 veces gañadora do Mellor Dirección nos Premios María Casares e 3º Premio no Certame Nacional de Directoras de Escena) CALYPSO mestura a música coa linguaxe contemporánea e un look altamente poético.
 

A obra está recomendada para maiores de 14 anos.

Entrada de balde ata completar aforo. Retirada de invitacións unha hora antes do comezo da representación (máximo 2 por persoa)