Educación e Cultura

- TEATRO: Bobas e Galegas, Mofa & Befa no Século de Ouro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Bobas e Galegas, Mofa & Befa no Século de Ouro

O venres 27 de novembro, ás 21.00 horas, Mofa e Befa achéganse ao Auditorio de Rianxo coa produción Bobas & Galegas, baixo a dirección de Quico Cadaval.

Recomendada para maiores de 12 anos

Entradas:

  • Prezo: 6 € ( oferta a 5 € mercando 3 ou máis entradas)
  • Venda: O mesmo día da función, a partir das 19.00 h, na billeteira do auditorio
  • Reserva anticipada: no correo electrónico ruben.excentricas@gmail.com

Espectáculo Finalista nos XVIII Premios Max das Artes Escénicas 2015 na categoría de Mellor Escenografía (Baltasar Patiño). Candidato nas categorías de Mellor Espectáculo, Mellor Autor Teatral e Mellor Dirección de Escena (Quico Cadaval) e Mellor Actor Protagonista (Evaristo Calvo)

Mofa&Befa é un comando de comedia contemporánea que comprobou as súas armas nos máis hostiles campos de batalla como bares, universidades, festivais vascos e/ou de teatro clásico, resultando sempre con simples rabuñaduras ou feridas leves.

BOBAS&GALEGAS é un percorrido gozoso polos argumentos, ocupacións, preocupacións e industrias dos criados do século de Ouro, clase social que, de todos os traballadores manuais, foi a que contemplou dende máis cerca o poder, o seu ouropel, a súa erótica e a súa vanidade.

MOFA&BEFA cáense con todo o seu instrumental de paiasos nocturnos nun camiño solitario do século XVII castelán. Servindo a un tópico equivalente ao da aptitude natural dos negros para a danza, o galego demostra un talento natural para a obediencia e o servizo. Isto , que o faría idóneo para a práctica das armas, está benéficamente atenuado pola covardía, virtude que o empuxa ao máis incruento campo do servilismo e a curvatura lumbar.

Cando Mofa&Befa chegan aos áureos pazos de Madrid e Sevilla, fuxindo das guerras e da fame climática da súa terra, só valorados pola súa discreción, o seu descoñecemento do idioma, que ás veces pode parecer idiotez, polo seu cumplimento irreflexivo e amoral das tarefas encomendadas e unha voluntade de servir que non sempre resulta utilitaria.

Producións excéntricas. Mofa e Befa