Educación e Cultura

A lúa vai encuberta é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais achégase ao auditorio de Rianxo o vindeiro venres 18 de marzo, ás 21.00 horas. - Teatro, A lúa vai encuberta a cargo de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, A lúa vai encuberta a cargo de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante

A lúa vai encuberta é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais achégase ao auditorio de Rianxo o vindeiro venres 18 de marzo, ás 21.00 horas.

O venres 18 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a obra teatral A lúa vai encuberta,​​​ unha coprodución de Incendiara, A Quinta do Cuadrante, Casa Museo Manuel María, CDG e MITFC, co patrocinio das Deputacións de Ourense, A Coruña e Lugo. 

A peza foi gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos teatrais.

Público recomendado: persoas maiores de 13 anos.

Duración: 75 minutos.

A entrada é de balde, pode facerse a reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (non é inmediata)

De quedar localidades dispoñibles  poden solicitarse dende media hora antes do comezo na billeteira do auditorio.

O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.

Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia dad identidade nacional galega.

A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.