Educación e Cultura

Presentarase, ademais, o suplemento nº 161 de A voz de Barbantia e o artista Xosé Luís Veiras Manteiga realizará unha intervención plástica, no marco dos Actos Castelao 2021. - Suspensión da  Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Suspensión da  Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luís Axeitos

Presentarase, ademais, o suplemento nº 161 de A voz de Barbantia e o artista Xosé Luís Veiras Manteiga realizará unha intervención plástica, no marco dos Actos Castelao 2021.

Venres 29 de xaneiro, ás 19.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021:

Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María
Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños,
alcalde de Rianxo, ademais do autor.

Presentación do suplemento no 161 de A Voz de de Barbantia.

Intervención plástica a cargo de Xosé Luis Veiras Manteiga .

Apertura e peche musical a cargo de Miriam Pardal Figueiro (trompa) e Félix Iago Rodríguez Ramos (bombardino), da Escola e Música de Rianxo.

Organizan: A. C. Barbantia e Concello de Rianxo

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, do 22 ao 27 de xaneiro de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as que se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.