Educación e Cultura

- SLAMMM: 7 de maio no Atalaia en Asados - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

SLAMMM: 7 de maio no Atalaia en Asados

Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!!

Serán tres as xornadas de torneo slam, entre maio e xuño, as que terán lugar, sendo a última data a Gran Final. A temática será libre, pero como sempre débense recitar poemas propios, cunha duración dun máximo de 3 minutos, sen usar disfraces nin elementos escénicos. Por suposto: o xurado será o público presente nos diferentes bares. De todas as persoas participantes, tres pasarán a unha segunda rolda, da que sairá a persoa vencedora da xornada. Na Gran Final, bateranse as persoas finalistas das tres xornadas. Os poetas gañadores de cada xornada recibirán un obsequio dos propios locais colaboradores e haberá unha sorpresa final para a persoa gañadora.

As persoas interesadas en participar pódense apuntar no enderezo: torneo.slammm@gmail.com.

Pero este ano, ademáis do torneo, o programa Slammm complétase con algunhas novidades:
- Un obradoiro gratuíto de slam (escritura e recitado de poemas) a cargo de Silvia Penas, para o cal está aberto o prazo de inscrición no enderezo: torneo.slammm@gmail.com
- Concerto poético de CintaAdhesiva, que será o pistoletazo de saída de todo o programa, o vindeiro domingo 1 de maio
- A maiores, todos aqueles que se acheguen aos bares para o slam, poderán desfrutar de tapas poéticas polo prezo de 2 euros: é por isto que decidimos chamarlle ao Slam de este ano: Slammm

O programa completo, comprende:
Domingo1 maio: Obradoiro con Silvia Penas, de 16 a 20h + concerto CintaAdesiva ás 21h. No cuartel Vello
Sábado 7 maio: Bar A Lareira (Asados). Slammmm, ás 22:30.
Domingo 29 maio: Obradoiro con Silvia Penas, de 16 a 20h. No cuartel Vello
Sábado 4 xuño: Bar Castelao (Rianxo): Slammmm, ás  22:30
Domingo 2 xuño: Obradoiro con Silvia Penas, de 16 a 20h. No cuartel Vello
Sábado 18 xuño: Bar A Lareira (O Pazo): Final Slammmm, ás 22:30