Educación e Cultura

- Roteiro coral polas rúas de Rianxo de tres coros vascos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Roteiro coral polas rúas de Rianxo de tres coros vascos

Rianxo acollerá un concerto moi especial o 2 de maio a cargo de tres coros vascos.  A Coral Xumela e a Coral Monte Txio de Zarauz e mais a Coral Olagarro, de Ondarribia, viaxan desde Euskal Herria a Galiza e chegan a Rianxo para estabelecer un irmanamento musical coa vila arousana. A actividade, organizada pola Escola de Ensino Galego Semente de Santiago de Compostela, e coa colaboración do Concello de Rianxo, completara-se con outras actividades culturais como un roteiro histórico por Compostela. En Rianxo, as corais bascas coñecerán, coa colaboración do Concello, o patrimonio cultural local nun roteiro cantado polas rúas da vila entre as 11.00 e as 14.00 h.

A Escola de Ensino Galego Semente, impulsionada pola Gentalha do Pichel, é un proxecto educativo autoxestionado, popular e sen ánimo de lucro, que ten entre os seus principios, a interculturalidade, e esta ruada polas rúas de Rianxo pretende irmandar as nosas línguas e culturas propias.