Educación e Cultura

- REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN: ata o 17 de xaneiro, prazo para a inscrición das propostas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN: ata o 17 de xaneiro, prazo para a inscrición das propostas

A Deputación da Coruña acaba de publicar as Bases Reguladoras da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña e convocatoria para 2019.

Coa Rede Cultural conectan o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudan á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos:

ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.

VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos

ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.

LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.

Os prazos desta convocatoria serán os seguintes:

Primeira fase: inscrición de espectáculos

  • Inicio: o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP
  • Fin: 17 de xaneiro de 2019, as 14.00 horas.

Segunda fase: solicitude de espectáculos

  • Inicio: 27 de febreiro de 2019, ás 00.00 horas.
  • Fin: 13 de marzo de 2019, as 14.00 horas.

Terceira fase: resolución

  • A resolución de adxudicación dos espectáculos realizarase antes do 13 de abril de 2019.

Cuarta fase: xustificación

  • Inicio: o día seguinte ao da sinatura dos convenios
  • Fin: 15 de febreiro de 2020