Educación e Cultura

O vindeiro venres, 26 de marzo, proxectarase o filme Somos Criminais no Auditorio de Rianxo. - Proxección do filme Somos Criminais - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Proxección do filme Somos Criminais

O vindeiro venres, 26 de marzo, proxectarase o filme Somos Criminais no Auditorio de Rianxo.

O vindeiro venres, 26 de marzo, ás 20.00 h, proxectarase o filme Somos Criminais na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Adaptación audiovisual do exitoso espectáculo (con máis de 60.000 espectadores, foi o espectáculo con máis entradas vendidas da historia do teatro en Galicia) de Carlos Blanco e Touriñán, dirixido por Tito Asorey e Jairo Iglesias. 

Só con reserva de localidades no enderezo web   https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf  664 183 217.  É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.  

Duración estimada: 80'.   Público recomendado + de 13 anos. 

Enderezo web para reservas

Filme Somos Criminais

Adaptación audiovisual do espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán.

Esta versión audiovisual de Touriñán e Carlos Blanco foi dirixida e realizada por Jairo Iglesias, cun equipo de máis de doce persoas do que formaron parte a directora de fotografía Lucía C. Pan, o fotógrafo Marcos Pereiro, o posprodutor de son Santi Jul, a maquilladora Chicha Blanco, os iluminadores Dani Juncal e Breixo Giraldo, ou o director e dramaturgo Tito Asorey, que xa fixera a dirección de escena na xira.

Trátase dunha peza de hora e cuarto de duración, no que os actores reflexionan sobre as diferentes vertentes do crime galego. O espectáculo conta coa ademais coa música orixinal de Zënzar.

O filme, estreado en xuño do pasado ano, acadou máis de 10.000 espectadores na súa estrea online e ademais de terse proxectado en numerosas salas, teatros e espazos ao aire libre, foi visto tamén na meirande parte das residencias da terceira idade do noso país, xesto co que os artistas quixeron agasallar aos nosos maiores e aos profesionais dos centros, tentando aliviar eses malos momentos sufridos con motivo da pandemia.

+ información