Educación e Cultura

- Presentación do libro Irmandiñas, de Aurora Marco - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación do libro Irmandiñas, de Aurora Marco

O venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas.

No acto contarase coa presenza da autora xunto con Encarna Pego, profesora e socia de Barbantia, Xesús Santos, historiador local e socio de Barbantia e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo.

Tamén terán lugar as actuacións de Barahunda e Tero Rodríguez.

Debido á redución da capacidade da sala, polas medidas preventivas contra a COVID-19, cómpre reservar as localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 183 217 (de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas)

Para a mellor organización do público nos actos e actividades do auditorio, as reservas deben realizarse indicando, en caso de ser máis de unha persoa, se son convivinte no mesmo domicilio ou non. De ser convivinte, intentarase facilitar localidades agrupadas. De non ser convivinte, as localidades serán individuais.

Asemade, as reservas de localidades deben incluír o nome completo e un número de teléfono por cada unha das persoas asistinte para que, en caso de ser necesario, as autoridades sanitarias podan contactar co público asistinte".​​​​​​​