Educación e Cultura

O vindeiro 25 de xuño presentarase o libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos", de Xosé Estévez - Presentación do libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos" de Xosé Estévez - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación do libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos" de Xosé Estévez

O vindeiro 25 de xuño presentarase o libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos", de Xosé Estévez

O vindeiro venres 25 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro "A presenza de Castelao en Euskadi. Un líder carismático para os vascos", de Xosé Estévez. Xunto co autor, participarán no acto Uxío-Breogán Diéguez (autor do limiar), Roberto Abuín (editor do volume), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021.

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente) ou no teléfono 981 100 688, ata o xoves 24 de xuño, ás 12.00 h. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.