Educación e Cultura

- Presentación da novela Cando sangren os lobos de Adrián Gómez Ramos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Presentación da novela Cando sangren os lobos de Adrián Gómez Ramos

O rianxeiro Adrián Gómez Ramos presentará a súa primeira novela Cando sangren os lobos no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 5 de novembro ás 20.30 horas.

A novela foi a gañadora do I Premio Xuventude Crea de Novela Curta convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

No acto contarase coa presenza de Ramón Domínguez Veiga (editor), Cristina Pichel Toimil (directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) e o propio autor.

Entrada con reserva previa en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​

Reservas ata as 14.00 horas do mércores 3 de novembro. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio (a confirmación non é inmediata)

Hai un asasino solto polas rúas de Compostela e só dous irmáns distanciados tras a morte dos seus pais coñecen os segredos necesarios para detelo.Fernán e Xandre Malvís terán que superar as barreiras autoimpostas entre eles e aprender a confiar o un no outro mentres se enfrontan a un criminal que supera totalmente o raciocinio.Lobishomes, meigas e segredos de antigas familias crean un entramado que, de non ser resolto, porá en perigo as vidas de todos os habitantes da cidade.O tempo corre ata a seguinte lúa chea; cada nova noite pode supoñer unha vítima máis e, un só erro, a perda de todo aquilo que os irmáns consideran digno de protección.